Recibimos no club de 4º de ESO D ao MESTRE Anxo González Guerra.

Esta mañána a nosa sesión de club estivo felizmente compartida co mestre Anxo González Guerra que enriqueceu o noso encontro arredor de Europa Expres de Andrea Maceiras; falamos de viaxes para desfrutar e para formarse, de premios de narrativa e de xurados.

Achegouse tamén a profesora Pilar Fernández Herráiz para acompañarnos nesta viaxe de interrrail por Europa.p61019-191926

Xa que ambos, o profesor Anxo e máis eu (a profesora Anxos) tivemos a sorte de formar parte do xurado dos premios Xerais hai dous anos, explicámoslles ao membros do club como se realiza a selección de obras e ensinámoslles o libreto de Europa Express.

Falamos de Andrea Maceiras, da súa traxectoria coma autora novel ata a actualidade e iso levounos a reflexionar sobre a gran calidade literaria das mulleres escritoras galegas co referente de Ledicia Costas e o seu premio nacional e ao entrañable Agustín Fernández Paz; fíxose tamén referencia ás traducións das súas obras e á calidade, recoñecida mundialmente, da LIX galega.

Boa  conversa en inmellorable compañía e un doce biscoito para recuperar forzas antes de continuar a mañá de clases.

Grazas por compartir lecturas con nós Anxo González Guerra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s