Arquivo por etiquetas: club 4º ESO C

“Ámote Leo A.” de Rosa Aneiros no club de lectura de 4º de ESO C.

xg00202701

Vistos os excelentes resultados de lectura das obras lidas no primeiro trimestre escollemos agora unha fermosa novela itinerante da autora Rosa Aneiros , que recibiu o Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014: Ámote Leo A.

Ámote Leo A. Destino xalundes    é a primeira parte dunha triloxía na que Leo nos vai levar de percorrido polo mundo na súa viaxe de fin de estudos; con escasos medios económicos, que lle han de durar para toda a viaxe, e unha mochila na espalda visitaremos con ela países e cidades míticas de todo o mundo; as súas experiencias, positivas e negativas conformarán o relato desta marabillosa viaxe e intentaremos resolver o misterio da pintada que aparecerá nos lugares máis diversos: “Ámote Leo A.”. Non faltará nesta viaxe xeográfica unha linda viaxe pola literatura universal.

Preparade pois a mochila e collede os billetes que o noso vo está a punto de despegar… 

 

Advertisements

Presentamos ao club de lectura de 4º da ESO C (Sala de lectura SC)

Esta mañá tivemos cheo, 15 rapaces e rapazas de 4º da ESO C (Sección bilingüe), sen experiencia en club de lectura, xuntámonos para iniciar unha nova andaina lectora coa obra narrativa de Francisco Castro “Tes ata as dez” como convidada.

Falamos de clubs lectores, organizacións, compromisos, contratos e desfrutes; comemos boliñas de chocolate (non quedou nin unha) e presentamos a nosa novela para este trimestre: intriga, amor, internet, aventuras, memoria histórica… con Vigo e A Coruña de fondo e como non, os agradecementos ao CPI Progreso (Catoira) e ao IES  de Poio polo préstamo dos libros que imos ler.

Recollida de datos e a comezar… pactamos ler 14 capítulos para a próxima sesión, a ver como nos vai.