Arquivo por etiquetas: Elena Gallego Abad

De dragóns, gárgolas e igrexas ( Club de 1º de ESO SC)

Esta mañá quedamos na biblio para compartir opinións sobre as primeiras lecturas de Dragal, comemos “conguitos” e tras unhas primeiras impresións, Emilio conduciunos coas súas palabras á Idade Media, aos dragóns e ás igrexas, as loitas polo poder, os dragóns bos e os dragóns malos… a proposta de Gonzalo de quedar o domingo e ir percorrer igrexas buscando dragóns de pedra… vaia que está dando moito de si esta novela de Elena Gallego.

Os membros do club teñen boas perspectivas sobre o futuro goce da lectura: a ver que nos contan dentro de quince días e… a ver cantos dragóns de pedra atoparon nas igrexas de Pontevedra.

Para abrir boca deixamos aquí o enlace a un artigo de José Benito García Iglesias sobre as gárgolas da basílica de Santa María:

Gargolas de Santa María:

“Concibiron as gárgolas como seres monstruosos e mostráronllos aos fieis como vixiantes que desde as alturas podían observar a todos os membros da comunidade, amedrentalos e recordarlles constantemente o destino tráxico da súa alma, o que lles esperaba si desviábanse do bo camiño, recordábanlle a necesidade de seguir os preceptos relixiosos e así librarse do inferno.”

Resultado de imaxes para gargolas de Santa Maria de pontevedra

Presentamos ao club de lectura de 1º de ESO (Sala de lectura SC)

20161004_114959

Esta mañá no recreo tivemos o primeiro encontro co alumnado de 1º de ESO, 15 rapaces e rapazas que se estreaban por vez primeira nisto das prácticas lectoras compartidas.

Espereinos con impaciencia cos libros xa preparados sobre a mesa e á súa chegada todo foi unha exploxión de enerxías e de vida, miraron o libro, o contrato e con bo ánimo comezamos a sesión; expliqueilles como funciona o club, os seus compromisos e as prestacións que recibirían e todos recolleron o seu contrato para asinar na casa, por eles e por seus pais.20161004_113814

Xa centrados en “Dragal” , pactada lectura para a próxima sesión, pediron comezar xa a ler, cando nos decatamos que ao noso arredor había tres rapazas escoitando con interés e ao convidalas fuxiron asustadas !!!!

20161004_114954

E xa tocou o timbre e marcharon todos e todas felices con cadanseu libro na man…

 

20161004_115042