Arquivo por etiquetas: samain

Sesión de contacontos na biblioteca.

sa7

 No día de onte, os alumnos e alumnas de 1º de ESO D ,  recibimos a visita do mestre Carlos Núñez que nos relatou  tres historias relacionadas co medo e coa visita da morte,  para encadralas no proxecto que co tema central do Samaín  estamos realizando durante este mes.

 “As historias falaban dos mortos, das almas que se reunían  coas familias e da resurección dos mortos” ( Gabriel  Fariña)

 ” Na primeira historia falounos dun neno que conducía un  carro cando un can se cruza no seu camiño, manobra para  esquivalo e dáse un golpe na cabeza; chámao a morte e el escusáse xa que di que non foi avisado… pasaron os anos e a morte volveu… pero os avisos xa eran claros ( o pelo cano, as dores no lombo, a mala vista…) e non puido librarse dela” (Aina Francisco).

” O segundo conto trata sobre como Manolo Losada e a súa dona tiveron medo unha noite ao ver  un home colgado ao outro lado do camiño e ao mencer viron  que era un pantalón colgado nunha árbore” (Emilio Lois).

“Na terceira historia había un neno chamado Xosé que apareceu morto e foron entón enterralo; coma o río desbordara tiveron que dar volta por un camiño máis longo e sentiron uns golpes no ataúde e cando o abriron… Xosé saíu correndo de alí”  (Clara Castro).

Os rapaces e rapazas que asistiron valoraron a proposta : ” Pareceume unha actividade  útil e interesante: Gustaríame facer máis actividades coma esta ao longo do trimestre porque aprendín cousasnovas relacionadas co Samaín e os mortos” ( Teresa González).

Agradecemos ao mestre Carlos Núñez a súa  colaboración e esperamos que volva de novo á biblioteca do Sánchez Cantón.

Advertisements