Arquivo por etiquetas: Club 4º ESO D

“Xa non estou aquí” de Iria Misa no club de lectura de 4ºde ESO D.

xg00248601Presentamos a nova lectura que nos vai acompañar neste trimestre Xa non estou aquí de Iria Misa, obra pola que recibiu o premio Jules Verne de literatura xuvenil 2016.

A novela cóntanos a historia de Ánxela, unha adolescente, e do seu grupo de amigos que viven buscando o pracer polo pracer. A desaparición de Ánxela é o motor que provoca que todos vaian tirando do fío ata desfacer o nobelo que esconde a trama.

Os protagonistas son personaxes desarraigados, produto de familias rotas de clase media acomodada  que se sinten perdidos no mundo que viven. A amistade, a homosexualidade na adolescencia, o mundo das drogas, os riscos e as subidas de adrenalima son temas que pairan sobre a novela que presenta unha estrutura moi interesante que pon en  destaque a individualidade e o poder do grupo a través do narrador colectivo.

Unha crítica á sociedade do benestar que “perde de vista”aos seus fillos aos que non é quen de protexer.

 

 

Recibimos no club de 4º de ESO D ao MESTRE Anxo González Guerra.

Esta mañána a nosa sesión de club estivo felizmente compartida co mestre Anxo González Guerra que enriqueceu o noso encontro arredor de Europa Expres de Andrea Maceiras; falamos de viaxes para desfrutar e para formarse, de premios de narrativa e de xurados.

Achegouse tamén a profesora Pilar Fernández Herráiz para acompañarnos nesta viaxe de interrrail por Europa.p61019-191926

Xa que ambos, o profesor Anxo e máis eu (a profesora Anxos) tivemos a sorte de formar parte do xurado dos premios Xerais hai dous anos, explicámoslles ao membros do club como se realiza a selección de obras e ensinámoslles o libreto de Europa Express.

Falamos de Andrea Maceiras, da súa traxectoria coma autora novel ata a actualidade e iso levounos a reflexionar sobre a gran calidade literaria das mulleres escritoras galegas co referente de Ledicia Costas e o seu premio nacional e ao entrañable Agustín Fernández Paz; fíxose tamén referencia ás traducións das súas obras e á calidade, recoñecida mundialmente, da LIX galega.

Boa  conversa en inmellorable compañía e un doce biscoito para recuperar forzas antes de continuar a mañá de clases.

Grazas por compartir lecturas con nós Anxo González Guerra.

Presentamos ao club de lectura de 4º de ESO D (Sala de lectura SC)

Esta mañá tivemos a presentación do club de lectura de 4º D na que os “conguitos” e “Europap61013-112953-1 Express” de Andrea Maceiras  foron os nosos convidados. Un pequeno “pero selecto grupo” de 4º D realizou o seu primeiro contacto cun club de lectura; explicamos o funcionamento, asinamos o contrato e pasamos a presentar a nosa primeira lectura.

Falamos un pouquiño da obra para non desvelar nada da trama, comentamos que foi a obra gañadora do premio Jules Verne do 2015 e pactamos lectura ata o mércores próximo, e agora a leeerrr e gozar da obra.